Como xa podedes supoñer polo título da entrada, neste exame entrará o que levamos traballado de xeometría (No voso libro ven no terceiro trimestre, no tema 11). Agora vos explico máis polo miudo o que entra:
- Tipos de liñas: pode ser que poñamos o nome dun tipo de liña e teñades que debuxala ou ben que vexamos unha foto ou debuxo e repasemos e identifiquemos a liña que predomine nese debuxo, vendo varias liñas pintar a mixta de verde, a recta de amarelo...
- Rectas, semirectas e segmentos: Pode ser que pidamos que nos expliquedes que son cada un deles, o que os diferencia ou ben que fagamos exercicios como no caso anterior.
- Ángulos: tedes que saber qué son e atopalos en debuxos e figuras. Hai que saber identificar os seus elementos e recoñecer se son rectos, agudos ou obtusos. (Non esquezades o truco de comparar o ángulo recto coa esquina da folla)
-Repaso do anterior: Haberá unha conta de cada (suma con levada, resta con levada e sen levada e multiplicación con e sen levadas) e varios problemas.
Nas ligazóns seguintes tedes algúns exercicios interactivos sobre o tema, nada espectacular pero non ven mal darlle un repaso algo máis lúdico
recta, semirecta e segmento
Posición de duas rectas entre si
Repaso de rectas e ángulos
Repaso